"Somos ananos nos lombos de xigantes"

Lembrade que todo o que hai neste blog (e noutros moitos) é grazas ó traballo xeneroso daqueles que foron creando, buscando, organizando e dende logo compartindo todo o que hai pululando pola rede e que para nós sería descoñecido sen o seu esforzo.

jueves, 11 de marzo de 2010

Vaia fotografías!



As mellores fotografías da naturaleza do ano 2009.

Que é unha stop motion?

Pois é unha película feita a través de moitas tomas que se van superpoñendo constantemente...
Estamos diante dun video dun par de humoristas da rede que se chaman Rhett and Link. Neste caso para facer esta película se usaron 222 camisetas diferentes en dous días. Ollade a súa creatividade:

Algo semellante é este video chamado "Squeeze me" dos videoartistas Kraak e Smaak:

Kraak & Smaak - Squeeze Me from Kraak & Smaak on Vimeo.

Un paseo pola historia da arte ...

O grupo de rock franco-americano Hold Your Horses ten un video titulado "70 million" no que se nos fai un repaso humorístico a un bo puñado de obras de arte.

jueves, 25 de febrero de 2010

Escribir un libro...

Neste trimestre comezaremos a escribir un libro entre todos os que queiramos participar. Na biblioteca imos poñer un libro en branco nun atril, do que só está escrita a primeira páxina , o comezo da historia...
Todos os que queiramos poderemos ir engadíndolle a continuación novas páxinas a ese libro, de tal maneira que contamos con que en Xuño o libro esté rematado.
Todas as semáns iremos colgando no blog o que se haxa escrito ata o momento no libro, de tal maneira que a través de internet poderemos ver como avanza a historia e así pensar o que podemos escribir a continuación nese libro.

Por suposto queremos que a historia teña continuidade polo que quen escriba no libro deberá identificarse para evitar que alguén escriba barbaridades ou incoveniencias, e para velar que na obra non haxa cousas sin sentido por exemplo un protagonista morto que volte a saír,...
Botádelle una ollada as explicacións obre a actividade neste enlace

Idelle botando unha ollada a como o libro vai medrando (se medra) neste enlace.

miércoles, 24 de febrero de 2010

Concurso "un slogan para a biblioteca"


Estamos buscando un slogan para que a biblioteca o utilice nas súas actividades. Axúdanos!
Nese slogan debe aparecer algunha alusión ou mención ó que a biblioteca pode aportar os alumnos e profesores do centro...
¿Como tes que facer? Moi doado.

Reunión do clube de lectura


Mañá, xoves 25 , na hora de recreo, teremos unha nova reunión do clube de lectura "o burato dos libros" para analizar e comentar o lido ata o momento do libro "A praia dos afogados" de Domingo Villar.
¿Como lle irá ó inspector Caldas? Terán os lectores algunha idea do que sucedeu e de quen foi o culpable?...





viernes, 22 de enero de 2010

Un pouco de historia ...

Tres artistas chineses fixeron este inmenso cadro interactivo dos grandes personaxes da historia. Clickade nel e veredes por que é interactivo: cando arrastremos o cursor por enriba dos personaxes nos dirá quen é quen e ademáis se facemos click sobre eles nos remitirá a páxinas web (wikipedia) onde se nos explicará quen é cada un e que fixo. Por suposto de entrada está en inglés pero vale a pena...

miércoles, 20 de enero de 2010

Reunión "definitiva" do clube de lectura: "El baile"































Este venres nos reuiremos ¡por fin! , para falar do libro do primeiro trimestre, "El baile" de Irene Nemirovsky. Temos que telo lido todos e ademáis ter reflexionado sobre algúns aspectos, por exemplo ...:
A actitude da filla diante da festa;
A relación desta cós seus pais;
A importancia da festa para estes últimos;
A opinión sobre esta familia doutros personaxes (criados, profesora, familiares,...)

Por último, para os que non viñéchedes a ver a película "Diarios de la calle" intentade atopar algunha relación entre "El baile" e o "Diario de Ana Frank".

martes, 12 de enero de 2010

Reunión do clube de lectura "O burato dos libros"


Este mércores ás catro da tarde faremos a reunión aplazada no anterior trimestre, da lectura do libro "El baile". Irá acompañada da proxección da película "Diarios de la calle".

jueves, 17 de diciembre de 2009

Felices Festas ...

Imaxinádevos que fose o noso instituto. Esto si que é espíritu navideño.

Amazing Grace Techno - Computer Controlled Christmas Lights from Richard Holdman on Vimeo.

Clube de lectura "O burato dos libros": 2º trimestre


Xa temos na biblioteca exemplares do libro que imos ler no segundo trimestre no noso clube de lectura para os alumnos de 3º e 4º da ESO e de Bacharelato.
Trátase de "A praia dos afogados" de Domingo Villar.
Despois do éxito de "Ollos de auga", Domingo Villar volve a presentarnos un novo caso do inspector vigués Leo Caldas. O noso protagonista terá que resolver o aparente suicidio dun mariñeiro o que o levará a atopar respostas a un naufraxio ocurrido moito tempo antes.
Para todos os que sodes amantes das novelas de detectives e de misterio tedes diante unha das mellores novelas dos últimos tempos.

martes, 15 de diciembre de 2009

lunes, 23 de noviembre de 2009

Reunión do clube de lectura: 3º e 4º da ESO, Bacharelato e ciclos.


Este xoves, 26 de novembro, na hora do recreo nos reuniremos para falar do libro que estamos a ler, "El baile" de Irene Nemirovski. Os que xa o leíchedes enteiro deixádeo na biblioteca para que o resto dos membros do clube o poidan ler.
Grazas.

Clube de lectura de 1º da ESO


Xa temos na bilbioteca o libro que imos ler no clube de lectura de 1º da ESo. Trátase de "Un viejo que leía novelas de amor" de Luís Sepúlveda. Vide collelo e leédeo canto antes. Pronto faremos a primeira reunión. Atentos

jueves, 12 de noviembre de 2009

Gústanos ler!!

¿Por qué?


POde ser a hora de repasar algunhas páxinas vellas do blog...

lunes, 9 de noviembre de 2009

Clube de lectura: "El baile"

Comeza unha nova andaína do noso clube de lectura "O burato dos libros".
Este ano faremos tres grupos de lectura, un de primeiro da ESO, outro para os alumnos de 2º da ESO e un terceiro para o resto.
Para este último grupo (3º e 4º da ESO, Bacharelato e Ciclos), neste primeiro trimestre imos ler o libro "El baile" de Irene Nemirovsky. Xa podesdes pasar a recollelo pola biblioteca do noso centro.
Nesta páxina vos iremos indicando cales son as lecturas dos outros dous grupos e cando temos os libros á vosa disposición na biblioteca.

Ah! Lembrádevos de pasar pola biblioteca para facer o carnet do clube de lectura aqueles que non o teñades feito.
Unha aperta ...

domingo, 8 de noviembre de 2009

Crucigrama para os seguidores de "Crepúsculo"


Para todos os que sodes fans de crepúsculo e o queredes demostrar, ahí vai este xogo atopado na rede, un crucigrama.
Disfrutade del.

miércoles, 21 de octubre de 2009

Arte (con maiúsculas) en directo

Dous fragmentos en video, un que acabo de atopar na páxina sorprendible (e xa levo varios) e o outro un vello post do noso blog no que vemos a traballar a Picasso en vivo.
No primeiro Kseniya Semonova traballa con area e fai unhas obras sorprendentes. Parece maxia!

No segundo Picasso traballa en vivo facendo unha pequena obra de arte diante dunha cámara fotográfica.
A semellanza é evidente, aínda que ¿por que non dicir que o alumno parece superar ó mestre?
Compárao.

Arte e música

let yourself feel. from Esteban Diácono on Vimeo.

Con música de Olafur Arnalds.
Disfrutade e relaxádevos coa seguinte videocreación.

martes, 20 de octubre de 2009

Distracción

É doado estudar ou traballar con música? Ó protagonista desta curtametraxe parece que non lle vai moi ben.
Nunca vos sentíchedes asediados por esa musiquilla ou esos ruídos que vos acaban machacando os ouvidos?
!Pero aínda que non valga de moito tamén hai lugar para a vinganza¡

Reunión do clube de lectura


Quedades todos convocados para reunirnos o xoves, na hora do recreo, na biblioteca, para comezar unha nova andaína do noso clube de lectura "O burato dos libros"... Acudide!

Videocreación!

O cine e a música xuntas como nunca. Vaia traballo de edición de Ricardo Autobahn. Facede a proba de adeviñar cantas películas e series das que aparecen no video coñecedes.


















Aquí tedes as respostas ...




lunes, 19 de octubre de 2009

Aquiles en Skyros

Buceando nunha páxina dunha empresa arqueolóxica, Balawat, especializada na creación de reconstruccións virtuais de xacementos arqueolóxicos (non vola perdades), atopei este video sobre Aquiles, o heroe da guerra de Troya.
Pincha de encima da imaxe e disfrutádeo...

Por certo se podedes olládeo en alta calidade. Eu non o sabía pero agora en youtube pinchando onde pon HQ, pois eso, vedes o video en alta calidade. ¡O que se aprende!

domingo, 18 de octubre de 2009

Comeza a hora de lectura semanal!


A partir deste luns, 19 de outubro, comezaremos a desenvolver no horario lectivo unha hora de lectura semanal nos niveis da ESO, PCPI e 1º de Bacharelato.
O noso horario está disponible nesta dirección e comezará nesta semá na primeira hora do luns para todosd os grupos.
Esta hora de lectura se poderá desenvolver de dous xeitos diferentes, lectura libre ou dirixida polo profesor.
  • Por defecto a lectura será libre, ou sexa poderedes ler libremente calqueira documento da biblioteca de aula ou o que traigades de casa, excepto, claro, aquelas lecturas que non parezan apropiadas:xornais deportivos, prensa rosa,...
  • Pero pode ser tamén que o profesor traia material preparado por el, como por exemplo un relato sobre o que facer un debate,... Neste caso o profesor vos debería avisar con anticipación para que non carguedes con libros que non ides usar.
Como xa se desprende do que leíchedes anteriormente, as aulas da ESO e do PCPI disporán dunha amplia biblioteca de aula, das que os alumnos sderán responsables.

Non vos esquezades que na semán da ponte de decembro as crases comezan un mércores, polo que ese día, 9-XII, haberá (para todos os grupos) hora de lectura á primeira hora da mañá.

miércoles, 14 de octubre de 2009

Comeza un novo curso...

Con certo retraso poñémonos de novo a traballar...
Estade atentos por que proximamente a biblioteca vai ir desenvolvendo as seguintes actividades:
Como é normal neste trimestre imos facer unha campaña temática recollendo aqueles libros ou películas que xiren en torno ó mundo do terror e do sobrenatural coma o noso particular achegamento ó día de defuntos e o samaín...


Tamén realizaremos dous concursos dos que xa vos iremos informando, o da realización dun marcapáxinas, e un concurso literario, todos eles para resolverse antes doas vacacións de Nadal.
Retomaremos a proxección de audiovisuais variados, no salón de actos, nos recreos dos mércores.
Realizaremos, como no vindeiro curso, un clube de lectura para todos os que vos queirades apuntar.
Estade atentos ó noso calendario