Esta semán tivemos un encontro có escritor Pedro Ramos, o autor de "La playa de los cristales" y "El coleccionista de besos", libros que estámos a ler nos nosos clubes de lectura.
"Somos ananos nos lombos de xigantes"
Lembrade que todo o que hai neste blog (e noutros moitos) é grazas ó traballo xeneroso daqueles que foron creando, buscando, organizando e dende logo compartindo todo o que hai pululando pola rede e que para nós sería descoñecido sen o seu esforzo.
domingo, 2 de diciembre de 2018
miércoles, 28 de noviembre de 2018
Acto contra a violencia de xénero
Comezamos no Salón de actos facendo unha lectura colectiva do libro @Todos deberiamis ser feministas” de Chimamanda Ngozi Adichie
E logo continuamos no recreo facendo unha lectura dun manifesto no patio cuberto e Alicia nos contou a súa experiencia personal. Un acto moi emotivo. Aquí tedes as fotos e os videos do acto...
Xirnada do clube de lectura dos profes do IES María Sarmiento
Este sábado 24 de novembro o club de lectura de profesores levou a cabo o roteiro literario en torno á figura do Marqués de Sargadelos. A ruta comezou á primeira hora da mañá na Casa da Administración, dende onde o Marqués xestionaba a fábrica, e posterior visita ao Pazo onde residíu. Ambos no Concello de Cervo.
Despois a comitiva trasladouse á Ribadeo para coñecer o Pazo de Guimarán e a actual Casa do Concello, lugares ambos onde vivíu o
primeiro e máis destacado comerciante da citada vila antes de ser asasinado.
Despois a comitiva trasladouse á Ribadeo para coñecer o Pazo de Guimarán e a actual Casa do Concello, lugares ambos onde vivíu o
primeiro e máis destacado comerciante da citada vila antes de ser asasinado.
martes, 23 de octubre de 2018
Pedro Ramos nos vista...
Pedro Ramos o autor que xa todos coñecedes pola súa obra "La playa de los cristales" vainos visitar para falarnos doutra novela súa, "El coleccionista de besos", nunha actividade conxunta co IES Illa de Sarón de Xove...
Recordade que os alumnos de 1º de ESO van ler estas dúas novelas no seu clube de lectura.
Recordade que os alumnos de 1º de ESO van ler estas dúas novelas no seu clube de lectura.
martes, 16 de octubre de 2018
Clube de lectura dos profes
Comeza unha nova andaina do clube de lectura dos nosos profes. Este ano imos ler o libro "Azul cobalto" de Alfredo C
onde sobre a vida do Marqués de Sargadelos...
onde sobre a vida do Marqués de Sargadelos...
martes, 9 de octubre de 2018
Horario de gardas na biblioteca
E aquí tedes o horario de gardas na Biblioteca, é dicir o horario no que esta está aberta e os profesores que a atenden...
miércoles, 4 de julio de 2018
REMATANDO O CURSO...
O derradeiro día do curso, o xoves 21 de xuño, o Club de Lectura de 1º de ESO adicou unha hora a facer unha "Mermelada de Emocións", escribíndolles a cada un dos compañeiros unha mensaxe positiva de agradecemento e recordo polas vivencias compartidas ao longo do ano. Tamén lle adicaron unhas palabras á profesora Josefa de Inglés, que se xubilou despois de 35 anos na ensinanza. Quixeron agasallala cun ramo de flores aproveitando para sorprendela no festival de Fin de Curso.
ACTIVIDADE DEPORTIVA DO CLUB DE LECTURA DE 1º DE ESO
O martes 19 os alumn@s do Club de Lectura de 1º de ESO pasaron a mañá na praia de Esteiro do Barqueiro practicando surf. Despois da merenda cada un deles leu un poema de Carlos Negro, pechando así a xornada.
RECITAL POÉTICO COA VISITA DE JONI RAMOS
Na tarde do mesmo luns 18 de xuño, e por terceiro ano consecutivo, o alumnado destes clubs de lectura participou nun recital poético que contou cunha excelente dramatización do actor Víctor Rolle e a visita de Joni Ramos, antigo alumno do centro que quixo acompañarnos desinteresadamente nesta ocasión e compartir a merenda con nós.
ACTIVIDADES DE FIN DE CURSO DOS CLUBS DE LECTURA DE 2º E 3º DE ESO
Na mañá do luns 18 de xuño todo o alumnado dos Clubes de Lectura de 2º e 3º de ESO realizou unha actividade en kayak para visitar a Praia dos Cristais, lugar da nosa costa que lle da título ao libro de Pedro ramos que leron na 1ª avaliación. Os alumn@s aprenderon a navegar en kayak e acudiron aos sitios que se nomean na novela.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


















































