"Somos ananos nos lombos de xigantes"

Lembrade que todo o que hai neste blog (e noutros moitos) é grazas ó traballo xeneroso daqueles que foron creando, buscando, organizando e dende logo compartindo todo o que hai pululando pola rede e que para nós sería descoñecido sen o seu esforzo.

martes, 2 de abril de 2019

VISITA A FOZ DOS CLUBS DE LECTURA DE 3º E 4º DA ESO














Onte 1 de abril de 2019 os 41 alumn@s dos clubs de lectura de 3º e 4º da ESO viaxaron a Foz para coñecer aos seus 33 "correspondentes descoñecidos". Despois dunhas semanas intercambiando información sobre eles mesmos a través das redes sociais, realizouse esta actividade na vila mariñana, quedando en recibir aos compañeiros de Foz en Viveiro o 14 de maio para a ponencia de David Lozano.

Primeiro visitaron as instalacións de Hostalaría, a continuación foron recibidos na biblioteca do IES focense ond ehoubo tempo para a presentación, saúdos, converss, fotos e intercambio de agasallos. Despois do recreo fixeron unha carreira de pistas/orientación (ginkana literaria) por equipos para coñecer a vila e ás 14horas foron xantar á praia da Rapadoira. 

Pola tarde foron visitar a basílica de San Martiño de Mondoñedo (que pertence a Foz) nunha visita guiada que fixo as delicias de profes e alumnos.




VISITA DE CARLOS NEGRO

Hoxe 1 de abril de 2019 tivemos a sorte de contar coa visita de Carlos Negro. Pasamos con el unha tarde estupenda chea da sua simpatía e a creatividade dos nosos alumnos.









Formas estrañas

Había un esqueleto enriba dunha cama
e un vestido cun ataque ao corazón.

Había unha muller na cama co esqueleto encima,
unha muller toda ensangrentada.

Era a morte.
Nunha festa galega con vestimentas tradicionais,
turbia e grandiosa.

O corpo é a mellor obra de arte.
Pero os corazóns poden ser venenosos como un arma
e a dor unha lanza atravesándoche o corazón.
Unha dor que sintes ao tecer,
de mulleres tiradas no piso
de rapazas durmindo e un esqueleto
de mulleres cravadas no peito e prendas…

A morte é rápida e sinxela, un soño eterno.
Unha aldea moi bonita
Unha muller con dous vestidos ao lado
Órganos que parecen persoas
e a terra podrece por culpa do que os humanos crearon.

Son os pés da morte.

Poema creado polos alumnos de 2º da ESO no obradoiro de escritura automática realizado con Carlos Negro

lunes, 25 de marzo de 2019

CLUB DE LECTURA DE LINGUAS CLÁSICAS

Os alumn@s de grego de 2º de BAC participaron na lectura internacional da lectura da Iliada este venres 22 de marzo. Aquí tedes os enlaces dos vídeos en Youtube:
https://youtu.be/FdfEVg80Q7M
https://youtu.be/IByMl9U9WjE
https://youtu.be/-wuzjtLHdl8
https://youtu.be/MGjvtcGpvkI

lunes, 18 de marzo de 2019

Fotos do Festival do Entroido 2019


Aquí tedes o enlace ás fotos do Festival do Entroido. Disfrutadeas!

jueves, 14 de marzo de 2019

CLUB DE LECTURA DE 2º DE ESO

Os alumnos do Club de lectura de 2º de ESO están a recitar poemas da obra Instantánea de Carlos Negro antes da visita do autor. Estes vídeos elaborados polos rapaces serán enviados a un proxecto colaborativo con portugal. 




REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA DE 2º DE BAC

Hoxe o clube de lectura de 2° Bac xuntouse no recreo para achegarse ao mundo do mergullo  da man de Iván Barros. Iván é presidente do clube Mergullo de Celeiro e instrutor de mergullo deportivo. Explicounos  en qué consisten os bautismos de mergullo, técnicas básicas para mergullo en aguas libres e pouco profundas e o equipamento e o seu funcionamento. Tamén puidemos ver fotografías da fauna mariña da ría de Viveiro. E é que ás nosas seis intrépidas lecturas van a mergullar en Area a final de curso, cando a auga estea un pouco  máis quente.

miércoles, 6 de marzo de 2019

8 DE MARZO, DÍA DA MULLER


DESDE A BIBLIOTECA DO MARÍA SARMIENTO QUEREMOS PRESENTARVOS AS INFOGRAFÍAS DE TRES MULLERES NOTABLES NA HISTORIA QUE SON UN EXEMPLO DE LOITA E FEMINISMO HOXE E SEMPRE.

A INVESTIGAVIÓN XENÉTICA DE MARGARITA SALAS

O ACTIVISMO DE MARÍA REIMÓNDEZ

MONSERRAT CABALLÉ









viernes, 1 de marzo de 2019

Lectura de textos clásicos na Domus

Os alumnos de Ricardo Quevedo foron á residencia Domus a facer unha lectura de textos clásicos. Foi unha experiencia moi interesante!



Clube de lectura de profes

O domingo 24 de febreiro o clube de lectura de profes realizou o roteiro pola comarca de Santa Eulalia de Oscos e a Fonsagrada para visitar a casa natal do Marqués de Sargadelos.






Dia de Rosalia

Os alumnos de 1º de ESO fixeron lapbooks para o dia de Rosalía: traballaron a morfoloxía e o comentario de texto a través dun poema de Follas Novas: "Tanto e tanto nos odiamos".
No 1º Ciclo achegáronse á poesía desta autora do Rexurdimento e crearon ilustracións sobre  a autora...



jueves, 7 de febrero de 2019

CONCURSO DE RETRATOS DO CLUB DE LECTURA DE 3º DE ESO






REUNIÓN CLUB DE LECTURA DE 2º DE ESO


Os alumnos de 2º de ESO seleccionaron poemas predominantemente en galego para deixar a súa pegada no instituto. Logo introducíronos en pequenas botellas de vidrio para facelos chegar á outra punta do planeta.

martes, 5 de febrero de 2019

CLUB DE LECTURA DE 2º DE ESO

Os alumnos do club de lectura de 2º de ESO elixiron un poema para regalarlle a un ser querido polo Nadal. Os traballos máis salientables foron agasallados cun caldeiro de gominolas.

VISITOUNOS ANDREA MACEIRAS

O pasado martes 22 de xaneiro visitounos Andrea Maceiras para falar dos seus libros co alumnado de 3º e 4º da ESO e 1º de BAC. 




DEIXANDO A NOSA PEGADA NO INSTITUTO

O alumnado de 1º de ESO seleccionou varios poemas de autores galegos e despois escribiunos nas pegadas do chan do instituto para ter así máis presente a nosa literatura e deixar eles a súa sinatura no centro. 

 

ENTROIDO 2019


CLUBE DE LECTURA DE 2º DE PMAR

O alumnado de 2º de PMAR recita a Carlos Negro e le Historia dunha gaivota e o gato que a ensinou a voar de Luis Sepúlveda.


ACTIVIDADE CLUB DE LECTURA DE 3º

Os clubs de lectura de 3º e 4º da ESO estiveron a cubrir os cuestionarios para os seus "Descoñecidos " do IES de Foz. Ademais da batería de preguntas que tiveron que contestar, debían acompañar a parte escrita cun autorretrato significativo. Así transcurríu a sesión.



lunes, 4 de febrero de 2019

Pegadas de 1º de ESO

Os alumnos de 1º de Eso deixan as súas pegadas literarias no instituto.

Clube de lectura de 3º de ESO

Reunión dos alumn@s do Club de Lectura de 3º que cubriron os seus cuestionarios de "Desconocidos" para darse a coñecer aos alumnos do IES de Foz antes do encontro físico.



Versos de Carlos Negro

Gústanos dicir !versos de Carlos Negro! #Penúltimastendencias
#Masculinosingular
#Aplicacióninstantánea e máis... #FaseAkane #sublevación
#2°ESO #Colaborador@sdaBiblioteca
Bea


Elisabeth

Clube de lectura de 2º de PMAR

Os alumnos de 2º de Pemar leron o libro de Luís Sepúlveda "Historia de una gaviota y del gato que le enseñó a volar" e fixeron un exercicio de síntese da novela en #Visual Thinking.