"Somos ananos nos lombos de xigantes"

Lembrade que todo o que hai neste blog (e noutros moitos) é grazas ó traballo xeneroso daqueles que foron creando, buscando, organizando e dende logo compartindo todo o que hai pululando pola rede e que para nós sería descoñecido sen o seu esforzo.

miércoles, 15 de mayo de 2019

A POESÍA QUE SENTIMOS

Exposición no corredor da biblioteca dos traballos dos clubs de lectura de 1º e 2º da ESO, que este curso leva por título A poesía que sentimos. O alumnado tivo que buscar poemas en galego que versaran sobre algún dos cinco sentidos e logo realizar unha foto propia orixinal que reflectira o contido do poema. 

Esta exposición que facemos todos os anos para conmemorar o Día das Letras Galegas, irá despois ás salas do Concello para compartir unha semana cos outros centros da Microrrede de Bibliotecas Escolares da Mariña. 









VISITA DE DAVID LOZANO

Onte martes 14 de maio estivo con nós David Lozano para falar da súa novela Descoñecidos. Durante hora e media xuntámonos no salón de actos os alumnos dos clubs de lectura de 3º e 4º do IES María Sarmiento, os alumnos de 3º do IES Vilar Ponte e os alumnos de 4º do IES de Foz. A verdade é que o autor, a pesar de estar recén chegado de Perú e enfermo, fíxonos pasar un rato moi divertido e entretenido falándonos da verosimilitude nas súas novelas policiacas e de cómo ten que documentarse coa policía e os médicos forenses para ser o máis fiel posible á realidade. Deunos unha charla interesantísima e quedamos moi agradecidos. 



E despois os rapaces de Foz e os nosos achegáronse á praia durante un par de horas para realizar xogos en equipos e probas varias. Xantaron ás tres todos xuntos no parque Pernas Peón e ás tres despedíronse.




REUNIÓN CLUB DE LECTURA DE 1º ESO B


Últimas reunións dos clubs de lectura. O curso remata e con el os libros que comezamos aló por outubro. En 1º B A praia dos cristais chega á súa fin. 

miércoles, 1 de mayo de 2019

FACENDO REPASO DESTE CURSO

Como todos os anos o alumnado puido atopar nas estanterías específicas todas as lecturas obrigatorias de Literatura Galega e Castelá, así como as de Inglés e Matemáticas e as obras propostas nos distintos Clubs de Lectura. Esperamos que foran suficientes os exemplares para tod@s e que sigades solicitando á biblioteca todos os libros que vos interese ler e que vos mercaremos encantados. 😁😁😁

Como todos os cursos tamén levamos a cabo na primeira avaliación a Formación de Usuarios, para recordarvos cómo está organizada a biblioteca e como se pode localizar un libro concreto nas diferentes seccións e información concreta dentro destes. Qué orgullo poder ser autónomo!!!


Seguimos tendo revistas especializadas á vosa disposición.


E libros de todas as especialidades que se imparten no IES. 

Obras sinxelas e infantís se queredes recordar vellos tempos ou lerlles aos irmáns pequechos.


E as últimas novidades que ides solicitando e que van enviando as editoriais. 

E o corcho da prensa das novas sobre a biblioteca que saen nos xornais.

Podedes seguir enterándovos das actividades que realizamos nas redes sociais, nos corredores do IES e na porta da biblioteca:


Este ano celebramos o Nadal coma sempre ao grande.

E por primeira vez fixemos un calendario literario da biblioteca para todas as aulas e grupos do instituto. 


E mostramos o camiño cara a biblioteca por todos os corredores do centro coas nosas pegadas poéticas, escribindo nelas textos en diferentes idiomas como homenaxe á literatura que está por todas partes.  

Ata que por fin nos atopamos cos lomos dos libros que decoran xa as escaleiras que suben ata a biblioteca. 

Para que veñades consultar internet e facer traballos aos nosos ordenadores...

Ou copiarlle os deberes aos compañeiros durante os recreos. 😉

Visita dos profes do clube de lectura a Mondoñedo

Este pasado sábado 27 de abril o Clube de Lectura de Profes realizamos un roteiro literario en torno á figura de Álvaro Cunqueiro, visitando a súa casa, o barrio dos muíños e realizando unha andaina cultural polos lugares emblemáticos da vila.











viernes, 26 de abril de 2019

OBRADOIRO SOBRE LITERATURA FANTÁSTICA E SOCIEDADES DISTÓPICAS NO MARÍA SARMIENTO

Este luns 29 de abril celebraremos co alumnado de  1º de Bac un obradoiro de literatura fantástica e sociedades distópicas con Freddy Gonçalves, promotor de lectura, libretista, escritor e especialista en literatura infantil y juvenil. Aquí vos deixo o cartel.


Freddy Gonçalves da Silva



lunes, 8 de abril de 2019

Primeira Gran Gala do María Sarmiento

Este venres 5 de abril tamén se celebrou no Teatro Pastor Díaz a I Gala do María Sarmiento. Cumpríronse sobradamente os dous obxectivos marcados: facernos pasar un rato agradable e recadar fondos para a excursión de fin de curso a Londres dos alumnos de 4º da ESO (verdéronse máis de 360 entradas dun aforro de 393).

E o éxito vai desde Rosalía, cunha presentación xenial, ao remate final do alumnado de 4º, pasando polo divertidísimo Mago Carrolo e por Víctor "Cafetería" que mercou 15 entradas, donou unha cesta para sortear e abreu o espectáculo coa representación dunha escena de La vida es sueño. Gracias tamén a Ruth, que deseñou o cartel, por estar sempre disposta a colaborar e ao vicedirector  Janeiro pola súa paciencia infinita. Gracias á academia de danza Chasé polas tres actuacións que aportou ao espectáculo, á concelleria de cultura Lara e moi especialmente a Joni Ramos. 

Fran Basanta


Fran, a ti si che agradecemos todo o traballo que cada día realizas cos rapaces dentro e fora das aulas. Gracias. 




 

A escritora Antía Yáñez no María Sarmiento

O pasado venres 5 de abril visitounos a escritora de Burela Antía Yáñez, que veu comentar co alumnado de 1º da ESO a súa novela O misterio de Portomarín e co de 4º da ESO, Senlleiras. Todos quedamos encantados coa súa forte personalidade, cultura e intelixencia. Gracias Antía por explicarnos con tanta claridade e profundidade, temas tan complexos e importantes como son os de ambas novelas.