En ANB atopamos este cadro. Pincha nel e deixao como te guste...
"Somos ananos nos lombos de xigantes"
Lembrade que todo o que hai neste blog (e noutros moitos) é grazas ó traballo xeneroso daqueles que foron creando, buscando, organizando e dende logo compartindo todo o que hai pululando pola rede e que para nós sería descoñecido sen o seu esforzo.
martes, 17 de febrero de 2009
lunes, 16 de febrero de 2009
"O Provisional" en Internet...
A revista do noso centro que xa vai polo número 43 (ininterrumpidamente dende maio do ano 1994) xa está colgada en Internet (en formato pdf).
Para vela non tedes máis que acceder neste enlace. Tede paciencia xa que estamos empezando a cargalos dende os máis antigos ata os máis recentes, pero moi pronto xa estarán todos.
viernes, 23 de enero de 2009
Retrasámonos...
Como hoxe venres 23 non tivemos clase por mor do temporal retrasamos a sesión do clube de lectura para o vindeiro venres 30 de xaneiro á mesma hora no mesmo lugar...
Por certo se alguén do clube de lectura quere ver unha magnífica película cun fondo literario, o próximo mércores 28 de xaneiro ás catro da tarde no Salón de actos da Biblioteca, proxectaremos para os alumnos de 4º da ESO, "Sentido y sensibilidad". Estades todos invitados...
martes, 20 de enero de 2009
REUNIÓN DO CLUBE DE LECTURA
jueves, 8 de enero de 2009
Festival de Nadal (4)
Tamén no festival de nal entregamos ós premios ós concursos covocados no primeiro trimestre, o concurso literario, o do marcapáxinas e o torneo de xadrez.
Os gañadores son os seguintes:
Ayrtom, Federico e Iria no concurso literario na sección 1º Ciclo e Pablo, Caren e David no 2º ciclo.
No tocante ó marcapáxinas os seleccionados foron Amparo, Ana Dablanca e Ana Corujo.
Por último no torneo de xadrez os campeóns foron Pedro e Salva.
Nas seguintes fotos os veredes xunto a Victor, ó vicedirector do noso centro, facendolles entrega dos respectivos diplomas.

martes, 6 de enero de 2009
O festival de Nadal (3)
E entre plato e plato estivemos degustando un variado almorzo internacional organizado polos alumnos de ESO e as/os profesores dos distintos departamentos lingüísticos do centro. Foi un verdadeiro éxito e a recadación servirá para axudar a financiar a excursión de 4º deste curso.
E para poñervos os dentes largos,...
E para poñervos os dentes largos,...
O festival de Nadal (2)
Tamén houbo no festival deste ano unha representación dos feitos do nacemento de Xesús con alumnos da ESO. Velahí van algunhas fotos.
lunes, 29 de diciembre de 2008
O festival de Nadal (I)
Un grupo de alumnas e alumnos do Instituto, dirixidos pola profesora de Língua castelá Marta Ramos, fixeron un espectáculo teatral o último día de clase de cuia primeira parte podedes ver algunha fotos. Tratouse de dúas breves obras teatrais có nexo común do misterio xa que ambas xiraban en torno a un misterio que o público tentaba resolver.
O público estivo expectante ante o traballo dos seus compañeiros, disfrutando como se duns profesionais se tratase...
O público estivo expectante ante o traballo dos seus compañeiros, disfrutando como se duns profesionais se tratase...
jueves, 18 de diciembre de 2008
Clube de lectura
O noso clube de lectura xa comezou a andar. Na reunión do pasado venres decidimos que no primeiro trimestre imos ler "La ciudad de las bestias" de Isabel Allende.
É unha fermosa historia de aventuras na Amazonia brasileña, que dá comezo a unha triloxia moi recomendable. Quedamos en facer unha primeira reunión á volta de vacacións para ir contrastando os primeiros puntos de vista sobre esta novela.
Apuntámonos 4 profes e 15 alumnos que de entrada parece que teñen moitas ganas de comezar esta andaina.
Tamén quedamos en seguir utilizando o noso clube de lectura virtual, "O burato dos libros".
Visitádenos!

martes, 9 de diciembre de 2008
Reunión do Clube de Lectura "O burato dos libros"
sábado, 25 de octubre de 2008
¡Noraboa Agustín!

Agustín Fernández Paz ganou o Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil, concedido polo Ministerio de Cultura, coa súa obra «O unico que queda é o amor», editada por edicións Xerais en galego e en español por Anaya.Saúdamos con moito agarimo a este xenial escritor ó que coñecimos o pasado curso na conferencia que deu no noso instituto, e na que nos falou do proceso da creación das súas obras, de onde proceden as ideas, como se van modificando ó longo do proceso creativo ata que aparece esa nova xoia en forma de novela das súas mans.
E todo derrochando simpatía, comprensión e paciencia, facendo gala da súa antiga profesión de mestre, aínda que sen dúbida segue e seguirá sendo mestre xa que esa condición é algo que cando entra nun xa non da saído.
Unha aperta dende todos os alumnos e profesores do IES María Sarmiento de Viveiro.
Agustín Fernández Paz no catálogo da nosa Biblioteca
Etiquetas:
Agustín Fernández Paz,
novela xuvenil,
premios
viernes, 17 de octubre de 2008
Concurso literario Nadal 2008
!Atentos¡
Xa está convocado o novo concurso literario (as súas bases están distribuídas polo instituto pero tamén podedes consultalas eiquí)
Non vos esquezades de que a data tope de entrega-los vosos escritos é o día 3 de Decembro...
miércoles, 8 de octubre de 2008
¿Quen dixo que a poesía non sirve para nada?
Tomade nota,e aprendede outra das moitas utilidades do que se aprende en clase ou en casa, ou na rúa,... xa que a poesía está en todas partes, só hai que descubrila... e logo saber usala.
de Mario Benedetti "Táctica y estrategia"
de Mario Benedetti "Táctica y estrategia"
miércoles, 1 de octubre de 2008
Clases de Piragua
Comezamos as clases de Piragua para alumnos de 1º e 2º da ESO no Landro coa colaboración do Clube de Piragüismo Viveiro e dentro do marco do Plan Valora.
Cine histórico os mércores: "Shakespeare namorado"
Inauguramos hoxe a Sesión de Cine Histórico que poremos os primeiros mércores de mes ás catro da tarde, durante todo o curso. Hoxe proxectaremos no Salón de actos a película "Shakespeare namorado". Esta actividade está pensada para os alumnos de 4º da ESO, pero esteades todos invitados a disfrutar desta divertida e romántica película, ambentada na creación do drama "Romeo e Xulieta" por William Shakespeare.
Ollade de paso o catálogo de películas que temos tamén na nosa biblioteca baseadas en obras deste autor.
De momento aquí tedes o trailer da película (en inglés, pero tranquis a peli será en castelán) que veremos nesta primeira sesión:

martes, 30 de septiembre de 2008
Letra e música
Escoitade e ollade este videoclip do grupo arxentino "El cuarteto de nos" e a súa canción "Ya no sé que hacer conmigo". Coñecímolo grazas a ANB.
A nos lembrounos este outro clip de fai uns anos que tamén é otra forma de extraer o máximo de significados dalgo tan simple como un envase de Coca-Cola. Neste caso unha imaxe vale moito máis que mil palabras. En ambos casos a lectura de imaxes e palabras é un traballo fundamentalmente creativo. Disfrutade del se non o coñeziades.

creatividade,
lectura,
Publicidade,
videoclip
miércoles, 9 de julio de 2008
Escultura cinética
Velahí vai un video do museo da BMW de Berlín onde se ve unha increíble escultura cinética... ¿Será unha montaxe?
miércoles, 2 de julio de 2008
CONCURSO FOTOGRÁFICO
Neste curso fixemos por primeira vez un concurso fotográfico co tema "Viveiro e o seu entorno".
Estamos moi satisfeitos do resultado e esperamos voltar a facer outro concurso no vindeiro ano. Os concursantes dos que podesdes ver as súas foto sosn: Iván Ladra, Carolina Fonseca, Cristina Sánchez, Daniel Díaz, David Díaz, Diana Fernández, Thalía Ladra e Rafael Toriza.
Velahí vai unha mostra

Xa están as fotos da entrega de premios
Neste final de curso fixemos a entrega dos premios das actividades realizadas no terceiro trimestre.
O resultado foi o seguinte:
Concurso de Fotografía
1º Premio, Cristina Sánchez Rego
2º Premio, Rafael Toriza
3º Premio, Diana Fernández
Concurso "Ler o mundo"
Laura Crego Rio
Alba Basanta López
Marta Escourido Vieites
Daniel Díaz Dovale
Sara García Cabeza
E tamén se entegaron os premios ás competicións deportivas...
Xadrez
1º Premio, Alfonso Moreno Jiménez
2º Premio, Adrián Míguez García
Fútbol
1º Premio de 1º ciclo da ESO, "Obyone"
1º Premio de 2º ciclo da ESO e Bacharelato e Ciclos, "Antonio de Mañón y sus amigos"
Baloncesto
1º Premio, "Edgar is the star"

miércoles, 18 de junio de 2008
A biblioteca ideal

Buceade nunha posible biblioteca ideal grazas á hiperfoto de JF Rauzier.
Visitade unha das nosas grandes fontes de inspiración, o blog Nosololibros.
Máis adicatorias
O noso incansable detective Primitivo Marcos segue a caza de comiqueiros que nos fagan adicatorias para o arquivo da biblioteca. Desta tacada conseguimos tres novos autores dos que ademáis conseguimos os seus libros. Trátase de:
Jacobo Fernández Serrano, autor de "Aventuras de Cacauequi"
Norberto, autor de "O castelo regadeira"
Victor Rivas, ilustrtador de "As crónicas de Gáidil"

Jacobo Fernández Serrano, autor de "Aventuras de Cacauequi"
Norberto, autor de "O castelo regadeira"
Victor Rivas, ilustrtador de "As crónicas de Gáidil"

martes, 17 de junio de 2008
Curtametraxes medioambientais
Os estudios de animación Aardman (creadores de Wallace & Gromit entre outros) nos chega esta páxina sobre a protección do medio ambente a través duns estupendos curtametraxes (en inglés).
Disfrutade deles clickando eiquí ...
Disfrutade deles clickando eiquí ...
martes, 10 de junio de 2008
A publicidade tamén pode ser un arte...
Dous anuncios sacados de youtube e que nos parecen dúas maravillas dende o punto de vista formal e non o que anuncian:
A vida sobre o papel (soubemos dela grazas a Nosololibros)
Xente coma nos (cortesía de Victor vice)
A vida sobre o papel (soubemos dela grazas a Nosololibros)
Xente coma nos (cortesía de Victor vice)
"Morderse a língua" Centro Virtual Cervantes
O Centro Virtual Cervantes desenvolve esta campaña sobre o mal uso da linguaxe no periodismo actual en España. Así presentan eles a campaña:"Esta exposición muestra los malos usos del idioma en los medios de comunicación: malentendidos provocados por erratas, errores sintácticos o gramaticales y usos incorrectos de las palabras, con los que se busca siempre la faceta más divertida y sorprendente."
Trátase dunha exposición feita por Jesús Marchamalo no que se recollen recortes de prensa con errores hilarantes que o público enviou ó programa que presenta en TVE "Al habla".
De novo encontramos eta páxina en Nosololibros.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)