"Somos ananos nos lombos de xigantes"
Lembrade que todo o que hai neste blog (e noutros moitos) é grazas ó traballo xeneroso daqueles que foron creando, buscando, organizando e dende logo compartindo todo o que hai pululando pola rede e que para nós sería descoñecido sen o seu esforzo.
viernes, 2 de junio de 2017
Visita de Riveiro Coello á nosa Biblioteca.
Este ano grazas ó traballo da nosa compañeira Luz Sierra visitáronnos moitos autores a falar das súas obras. A semán pasada fixoo Antón Riveiro Coello para falarnos do seu libro "A ferida do vento" que tamén leron os nosos alumnos.
jueves, 11 de mayo de 2017
Coro de nenos!
Aquí van as primeiras fotos da actuación do coro de nenos das escolas que participaron na inauguración da Exposición da Microrrede de Bibliotecas da Mariña.
martes, 9 de mayo de 2017
Correlingua 2017
Aquí temos ó alumnado de 1º de ESO afandos na elaboración das pancartas do Correlingua deste ano! Quedaron xeniais... Grazas!
Visita de Núñez Singala!
Onte visitounos Manuel Núñez Singala, o autor das novelas "O achado do castro" e "Camiños de auga" que este ano limos os alumnos e alumnas do instituto.
lunes, 8 de mayo de 2017
Primitivo Marcos e as letras galegas ...
Non podía faltara colaboración do noso compañeiro e artista Primitivo Marcos que nesta ocasión nos deixa sendos retratos de Rosalía de Castro e Carlos Casares... Grazas!
Microrrede A Mariña
Aquí tedes os traballos feitos polas bibliotecas escolares da comarca que se expoñen de novo no Concello de Viveiro. Vaia maravilla! A cada cal mellor! Noraboa!
viernes, 5 de mayo de 2017
Clube de lectura
Nova reunión dos clubes de lectura, neste caso foron os alumnos de 3º ESO que leron o libro "O mundo secreto de Basilius Hoffman"... Esto non para!
viernes, 28 de abril de 2017
Iria Misia
Este luns visitounos a escritora Iria Misia, flamante gañadora do premio Jules Verne de literatura xuvenil 2016 có seu formidable libro "Xa non estou aquí". O libro conta dende un punto de vista coral a desaparición dunha rapaza, cunha narrativa moi fresca e un final sorpendente, e tivo un gran éxito entre o noso alumnado. 
Mercado solidario.
Esta semá fixemos no insti un mercado solidario con libros donados por membros da comunidade escolar, có obxectivo de recadar cartos para o Banco de Alimentos e a Sociedade Protectora de Animais, e como sempre foi un éxito...
Aquí tedes algunhas imaxes!
Aquí tedes algunhas imaxes!
jueves, 27 de abril de 2017
viernes, 7 de abril de 2017
ACTIVIDADE CLUB DE LECTURA DE SEGUNDO DE ESO
O pasado luns 27 de marzo de 2017 os alumnos do club de lectura de 2º da ESO coordinado polo profesor de Educación Física, Fran Basanta, realizaron unha nova actividade lúdico-cultural. A actividade consistíu nunha ginkana literaria sobre o libro que están a ler, As lágrimas de Shiva, polo casco histórico da cidade de Viveiro. As gañadoras foron Emma e Cristina.
A MARIÑA CON MOITA ARTE
Este ano a exposición conxunta dos centros educativos PLAMBE que forman a Microrrede da Mariña está adicada a todas as artes en xeral: fotografía, cine, pintura, escultura, arquitectura... No noso instituto pensamos como referencia en dúas obras do poeta "viveirense" Xoán Neira, Un niño no xardín e Nas varandas do abrente. Estes poemarios adicados a Viveiro e a súa contorna trasládannos a lugares coñecidos como O pozo da ferida ou o Monte Castelo e semérxennos na natura para vivila e disfrutala.
Os alumnos de 1º e 2º da ESO elixiron cadanseu poema para ilustralo cun mosaico e realizar a exposición conxunta que estará no corredor da biblioteca e no superior ata finais de abril. Xa en maio, do 8 ao 11, estará como todos os anos na Sala Multiúsos do Concello e na Biblioteca municipal.
Aquí vos deixo cunha pequena mostra destes traballos tan logrados.
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)


































