FELIZ DÍA DO LIBRO!
Hoxe 23 de abril conmemórase
o Día do Libro e por iso gustaríanos darvos a coñecer un servizo
que a Rede de
Bibliotecas Públicas de Galicia
ten dispoñible para toda a poboación mentres dure a corentena.
Trátase de GaliciaLe,
unha plataforma de préstamo de obras en formato electrónico onde
poderás atopar libros, revistas, audiolibros e películas en galego
e en castelán.
Como podo acceder?
-
Son socio/a da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia: accede co usuario e contrasinal.
-
Non son socio/a: rexístrate e accede coas claves que recibirás. Finalizada a corentena disporás de 30 días para achegarte á biblioteca e solicitar o teu carné para continuar desfrutando de GaliciaLe.
Aproveita e segue gozando do
pracer da lectura!
No hay comentarios:
Publicar un comentario