Xa, xa sabemos que o lexendario tren que unía París con Constatinopla deixou de funcionar no ano 2009, despois de funcionar ininterrumpidamente dende o ano 1883.
Pero grazas á escritora Agatha Christie este tren xa é inmortal, e cunha das máis famosas novelas desta escritora de novo faremos esta viaxe e ademáis teremos que resolver un intrigante misterio, cun non menos intrigante desenlace.
Animádevos a ler, con ou sin nós esta extraordinaria novela.
No clube "O burato dos libros" poñémonos man a obra:
Dentro de tres semáns, o martes 25 de Maio faremos a primeira reunión, na que teremos que ter lido polo menos a primeira parte na novela "Os feitos".
O día 8 de Xuño reunirémonos de novo tendo xa lida a 2ª parte: "Declaracións".
Por último o 22 ou 23 de Xuño (xa o decidiremos, en función do horario de avaliacións) reunirémonos pola tarde para rematar a discusión da novela, acompañando a actividade co visionado da película baseada nesta novela.
Moita sorte na viaxe...
No hay comentarios:
Publicar un comentario