Onte inaugurouse no concello vello de Viveiro unha exposición sobre o proceso creador do novo comic do noso compañeiro, que xirará en torno ó naufraxio do Bergantín Palomo e a Fragata Magdalena no ano 1810. Lembrade que estamos a conmemorar o 2º bicentenario deste naufraxio, que se produciu durante a Guerra de Independencia contra os franceses (un pouco de historia...!)
Nesta exposición asistiremos ás fases do proceso de creación dun comic, dende o xurdir da primeira idea (neste caso un encargo) como van aparecendo as imaxes, primeiro como un simple apuntamento ata que acadan a súa forma definitiva.
É un verdadeiro luxo ter un artista como é Primi no noso centro e unha gozada ver todos os ensaios que o levan a facer unha obra de arte como será este comic.
Mentras o comic non sae á venta, disfrutade de momento coas imaxes da presentación ad exposición.
"Somos ananos nos lombos de xigantes"
Lembrade que todo o que hai neste blog (e noutros moitos) é grazas ó traballo xeneroso daqueles que foron creando, buscando, organizando e dende logo compartindo todo o que hai pululando pola rede e que para nós sería descoñecido sen o seu esforzo.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario