A empresa de cristal Corning (á que eu non coñecía), está traballando cos cristais con circuitos integrados que polo que vexo pode ser o futuro da telecomunicación. Observade o video e alucinade ou empezade a soñar co momento en que a vida será así...
Deixovos ademáis outros dous videos que tratan o mesmo tema dende distintos ángulos...
Como será o futuro no que respecta á nosa vida cotiá. É inimaxinable. Mirade onde estabamos fai 10 anos, polo menos no meu caso: sen internet (ou moi pouco), sen blogs, sen wikipedia, sen youtube, sen spotify, sen facebook, sen gps, ...
Ven esto a conto do seguinte video que nos amosa un futuro táctil non moi lonxano. Saqueino como tantas cousas do blog sorprendible de Javi Peláez, premio bitácoras 2010:
Tamén do mesmo blog extraín esta outra versión (moi canchera) do que será a casa do futuro nunha campaña publicitaria arxentina para promocionar a banda ancha:
"Somos ananos nos lombos de xigantes"
Lembrade que todo o que hai neste blog (e noutros moitos) é grazas ó traballo xeneroso daqueles que foron creando, buscando, organizando e dende logo compartindo todo o que hai pululando pola rede e que para nós sería descoñecido sen o seu esforzo.
martes, 5 de abril de 2011
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario