Como todos os anos, as bibliotecas dos centros educativos de Viveiro, Xove e Cervo xuntámonos para realizar un traballo conxunto de alumnado, familias e profesores. Trátase de fomentar a lectura e recordar a cultura popular. Nesta oacsión decidimos facerlle unha homenaxe ao refraneiro da zona e así reflexionar sobre esas rimas sinxelas que levan sempre tanta razón nas súas afirmacións. Aquí tedes unha mostra dos murais deste ano.
A exposición estará no corredor da biblioteca do IES María Sarmiento ata o venres 8 e xa durante a semana seguinte na sala de exposicións do Concello compartindo protagonismo co resto dos centros.
A exposición na sala do Concello estará aberta todas as tardes de 18 a 20h con actuacións para os máis pequechos dos diferentes centros educativos. Este curso o María Sarmiento levará a Raquel Mariño de 2º de Bac A que interpretará vairas cancións de Disney. Convidámosvos a tod@s a acompañarnos.
Os traballos que estades a ver foron realizados polos alumnos de 1º e 2º da ESO do IES María Sarmiento.
Os mellores recibirán un agasallo da Biblioteca a partir do día 11 de maio.
Este ano a mascota da biblioteca tamén terá moito protagonismo na exposición conxunta do martes 12 ao venres 15 de maio de 2015.
No hay comentarios:
Publicar un comentario