O martes 15 de decembro celebramos o concurso anual de creación literaria da biblioteca. Os participantes, que tiñan que anotarse na biblioteca antes do venres 11, non souberon ata o momento de comezar o concurso que tiñan que redactar un microrrelato en galego co seguinte comezo: "Abandonan, primeiro un e logo o outro..." Nesta ocasión o premio eran 80€ en metálico que foron para a gañadora Nuria Díaz Otero de 1º de ESO A. Aquí vos deixo o seu texto:
Abandonan, primeiro un e logo o outro porque os bicos e os abrazos non son a única maneira de que unha persoa sexa amada. Os bicos máis fugaces ou máis apaixonados non son os máis queridos. O corazón decidirá se é ou non aquela persoa especial que che fará chorar de alegría ou rir cando estás triste.
Isto todo reflexioneino cando o amor apaixonado de Xulieta e Romeo acabou en algo que puido ser. Esa aventura que rematou con dúas vidas, dúas familias, dous beizos de amor que acabaron afundidos nun mar de tristeza e soidade.
Ónde se atoparía Shakespeare no momento en que escribía esta traxedia? Qué destrúe millóns de corazóns?
Eu sei o que é sentirse así, que unha persoa a que amas desapareza. Mais iso xa non importa. A vida acábase dunha maneira ou de outra e os nosos pensamentos acabarán afogados nese mar de tristeza e soidade.

No hay comentarios:
Publicar un comentario