"Somos ananos nos lombos de xigantes"

Lembrade que todo o que hai neste blog (e noutros moitos) é grazas ó traballo xeneroso daqueles que foron creando, buscando, organizando e dende logo compartindo todo o que hai pululando pola rede e que para nós sería descoñecido sen o seu esforzo.

sábado, 11 de junio de 2016

OUTRAS ACTIVIDADES DO CLUB DE LECTURA DE 1º DE ESO

Nun dos club de lectura de 1º da ESO limos durante a primeira avaliación a obra O Doutor Jekyll e Míster Hyde. É unha obra difícil para alumnos desta idade, polo que non lles gustou e rexeitámola para vindeiras ocasións. O que si lles gustou foi a película baseada na novela que leva por nome  Mary Reilly e que remataron de ver nas súas casas despois de visionar unha pasaxe no centro. Relacionadas con este libro fixemos tamén dúas actividades máis. Os alumnos disfrazáronse por Halloween do mounstruo Mr. Hyde e participaron no festival de Nadal con postres terroríficos. 

No hay comentarios: