O pasado sábado 18 de febreiro de 2017 visitamos a casa indiana de Fondón (Magazos) onde Agustín Fernández Paz situou os feitos de Cartas de inverno. Despois de ler esta novela e facer varias reunións para comentala, o coordinador do club, Fran Basanta, organizou unha actividade que non nos deixou indiferentes. Durante dúas horas coñecemos a casa colonial dos anos vinte que se atopa a entrada de Viveiro se nos acercamos á vila desde Lugo. Polas fotos, enseguida veredes de que casa estamos a falar.
Pronto comezamos a recorrer as distintas estancias da mansión e a sentir a súa maxia e o seu encanto.
De camiño ao faiado comezamos a escoitar ruídos estranos e apareceron polos diferentes cuartos notas de auxilio e socorro pedindo axuda. Coma no libro de Fernández Paz, ao chegar arriba puidemos ver a imaxe do cadro nun libro aberto. ¿Sónavos?
Rematamos a visita nos xardíns da casa e no embarcadoiro.
Temos que agradecerlle a Elena Pernas, unha das propietarias, a súa amabilidade e tempo e que nos mostrase documentación e libros que falan da historia desta maxestuosa casa e da súa familia e que moi pronto mercaremos para a biblioteca.
No hay comentarios:
Publicar un comentario