"Somos ananos nos lombos de xigantes"

Lembrade que todo o que hai neste blog (e noutros moitos) é grazas ó traballo xeneroso daqueles que foron creando, buscando, organizando e dende logo compartindo todo o que hai pululando pola rede e que para nós sería descoñecido sen o seu esforzo.

viernes, 16 de febrero de 2018


Os alumnos dos clubes de lectura de 2° e 3° da Eso do IES María Sarmiento puideron compartir unha hora de coloquio con María Donapetry, autora do libro ambientado en Viveiro «Hotel Villadolores. Instantáneas».
María falou do seu avó, que lle dá nome a unha praza da nosa cidade, e de cómo se baseou nos seus recordos de infancia como veraneante da praia de Covas.
Asturiana de nacemento e profesora durante anos nas Universidades de California y Oxford, segue visitando Viveiro asiduamente.





No hay comentarios: