"Somos ananos nos lombos de xigantes"

Lembrade que todo o que hai neste blog (e noutros moitos) é grazas ó traballo xeneroso daqueles que foron creando, buscando, organizando e dende logo compartindo todo o que hai pululando pola rede e que para nós sería descoñecido sen o seu esforzo.

sábado, 2 de mayo de 2015

MOTIVANDO AO ALUMNADO

Nestes últimos días do mes de abril de 2015 tamén colocamos polos corredores do IES María Sarmiento pósters con lemas motivadores para animar ao noso alumnado a estudiar e a ser forte ante as adversidades. Esperamos que vos gusten.







viernes, 1 de mayo de 2015

O REFRANEIRO DE CERVO A VIVEIRO

Como todos os anos, as bibliotecas dos centros educativos de Viveiro, Xove e Cervo xuntámonos para realizar un traballo conxunto de alumnado, familias e profesores. Trátase de fomentar a lectura e recordar a cultura popular. Nesta oacsión decidimos facerlle unha homenaxe ao refraneiro da zona e así reflexionar sobre esas rimas sinxelas que levan sempre tanta razón nas súas afirmacións. Aquí tedes unha mostra dos murais deste ano.





A exposición estará no corredor da biblioteca do IES María Sarmiento ata o venres 8 e xa durante a semana seguinte na sala de exposicións do Concello compartindo protagonismo co resto dos centros.

A exposición na sala do Concello estará aberta todas as tardes de 18 a 20h con actuacións para os máis pequechos dos diferentes centros educativos. Este curso o María Sarmiento levará a Raquel Mariño de 2º de Bac A que interpretará vairas cancións de Disney. Convidámosvos a tod@s a acompañarnos.


 Os traballos que estades a ver foron realizados polos alumnos de 1º e 2º da ESO do IES María Sarmiento.



Os mellores recibirán un agasallo da Biblioteca a partir do día 11 de maio. 


 Este ano a mascota da biblioteca tamén terá moito protagonismo na exposición conxunta do martes 12 ao venres 15 de maio de 2015.




















domingo, 22 de marzo de 2015

CHARLA INFORMATIVA SOBRE O SÍNDROME DE ASPERGER

Os rapaces de 2º da ESO que pertencen ao club de lectura dese nivel recibiron unha charla informativa sobre o trastorno autista Ásperger. A charla foilles de gran axuda para comprender mellor o libro que están a ler: Incidente do can a media noite.

PREMIAMOS A MELLOR CARTA DE AMOR

Os alumnos do club de lectura de 1º da ESO leron nesta segunta avaliación Cartas de Amor de Fran Alonso. A raíz desta lectura propuxémoslles aos rapaces que creasen eles unha carta de amor e aquí temos a gañadora.

MULLERES NA BIBLIOTECA E FÓRA DELA

NESTE MES DE MARZO NO QUE CELEBRAMOS O DÍA DA MULLER TRABALLADORA, DECIDIMOS FACERLLE UNHA HOMENAXE A TODAS AS MULLERES DO PLANETA E ESPECIALMENTE A TODAS AS QUE NOS EMOCIONARON EN PELÍCULAS E LIBROS. POR ISO HABERÁ DURANTE TODO O MES E ATA DESPOIS DAS VACACIÓNS, UNHA EXPOSICIÓN CON TODAS ESAS OBRAS QUE NON NOS PODEMOS PERDER PORQUE NOS CONMOVERÁN.



XA TEMOS MASCOTA "DE CARNE E ÓSO"

Por fin atopamos á nosa mascota Bibliomasa de "carne e óso". Despois de moitos anos na biblioteca en forma de camisetas, batas, murais, marcapáxinas... apareceu o noso canciño para alegrarnos e animarnos a ler. Foi máis difícil atopalo do que puidera parecer. Esperamos que vos guste.


CONCURSO CARTA Á LINGUA GALEGA

A biblioteca convocou un novo concurso literario no mes de febreiro. Nesta ocasión os alumnos participantes tiñan que escribirlle unha carta á lingua galega seguindo a estructura deste tipo de escritos. Nesta ocasión o gañador dun videoxogo foi Lucas Gómez.

Viveiro, 2 de febreiro de 2015
Día da Lingua materna



Querida lingua materna:

Es única. As máis belas palabras están no teu interior, forxadas en ti ao longo dos anos. Palabras fermosas para a vida cotiá, como lareira, labrego...

Lingua dun lugar verde, cos seus labregos e vacas no campo cheo de piñeiros, eucaliptos...

Historias incribles foron contadas contigo, de guerreiros castrexos e romanos conquistadores. Tamén tes poesía e poetas destacados, sen ir máis lonxe Rosalía de Castro que escribíu a súa morriña nas máis belas estrofas, morriña d eirse, de deixar a súa casa, de deixar a súa lingua...

E aínda que non vén a conto (ou si), es unha das linguas máis ben situadas na rede, que xa é difícil!!!


Saúdos, un falante


Asinado:
Lucas Gómez Riveira