"Somos ananos nos lombos de xigantes"

Lembrade que todo o que hai neste blog (e noutros moitos) é grazas ó traballo xeneroso daqueles que foron creando, buscando, organizando e dende logo compartindo todo o que hai pululando pola rede e que para nós sería descoñecido sen o seu esforzo.

miércoles, 14 de mayo de 2008

Visitounos Xaquín Marín
























Visitounos o gran debuxante Xaquín Marín como acto previo á inauguración dunha exposición sobre o humor no mundo con fondos provintes do Museo do humor de Fene.
Como non podía ser menos despois dunha breve introducción comezou a acompañar as súas palabras cós debuxos que ía facendo espontaneamente no esceario. Nas fotos seguintes teredes unha proba destes debuxos e da súa forma de traballar.
Fíxonos unha breve reseña do que ó seu entender debe ser o humor gráfico, ou o humor en xeral do que opina que hoxe abunda o humolr chabacán e escasea o humor intelixente, sobre todo na televisión. Tamén nos fixo un pequeno repaso á súa obra, explicando por exemplo quen era Gaspariño e porque o pintaba así. Díxonos que non era bo caricaturista e que ademáis tampouco lle gustaba facer un humor con temas de actualidade xa que para el é demasiado efímero, preferindo tocar asuntos máis "universais". Ante a pregunta sobre se utilizaba os medios informáticos no seu traballo respondeunos que o intentara pero que non lle resultara especialmente cómodo polo que volveu ó facer manual e así segue hoxe.
Se queredes ver máis obras súas clickade eiquí.

No hay comentarios: