"Somos ananos nos lombos de xigantes"

Lembrade que todo o que hai neste blog (e noutros moitos) é grazas ó traballo xeneroso daqueles que foron creando, buscando, organizando e dende logo compartindo todo o que hai pululando pola rede e que para nós sería descoñecido sen o seu esforzo.

martes, 20 de mayo de 2008

FINAL LIGA FÚTBOL SALA (Categoría sénior)















Hoxe no recreo xogouse a final da liga de fútbol sala masculina (categoría senior). Os dous equipos que xogaron, “Antonio de Mañón y sus amigos” e “A Potencia de Celeiro”, amosaron, cun excelente xogo ó longo do campionato, porque disputaban esta final. O partido comezou moi mal para os de “Antonio de Mañón y sus amigos”, posto que a confusión coa cor dunha camiseta puxo un gol na súa contra. “A potencia de Celeiro”, lonxe de conformarse ou ralentizar a disputa, continuou cun excelente xogo de equipo e conseguiu os seus frutos cun segundo gol. Tocaba mover ficha ós de “Mañón” posto que o partido complicábase. E responderon. Un gol practicamente de seguido ó que acababan de recibir reducía as distancias. Xa na segunda parte, “Antonio de Mañón y sus amigos”, lograban o empate, e a partir de aí, o peso de xogo caeu sempre do lado deste equipo que ía amosando unha lixeira superioridade. Un gol en propia meta da “Potencia de Celeiro” esbaratou a posible remontada e púxolle máis fácil o partido aos seus oponentes. Cun marcador final de cinco goles a tres, rematou un partido vibrante que, sin dúbida algunha, puxo a nota de calidade deste campionato 2007-2008 do IES María Sarmiento.



No hay comentarios: