Onte martes 4 de xuño ás seis da tarde tivo lugar no Teatro Pastor Díaz a inauguración da 8ª Exposición das Bibliotecas Escolares da Mariña que está xa formada por 16 centros educativos. Tivemos a sorte de contar coa presenza da Xefa territorial, a asesora de bibliotecas escolares da zona norte, a alcaldesa, varios inspectores de educación e incluso a Consellira, entre outras moitas e importantes autoridades. Dámoslles as gracias a todos por acompañarnos neste día importante para nós no que se reconoce o traballo de todo un curso.
Aquí vós deixo as fotos dos alumnos do María Sarmiento, Andrés Fernández e Diana Goás, que prepararon uns discursos en representación de todo o alumnado participante e que tiveron o honor de fotografiarse coa Conselleira.
No hay comentarios:
Publicar un comentario