Onte martes 4 de xuño estiveron con nós as poetisas María Lado e Lucía Aldao, Aldaolado dende 2005. Fixéronnos divertir durante unha hora coa súa sorna, os seus preciosos poemas recitados e as súas voces. Moitas gracias pola visita.
Ao final da actuación os alumnos crearon este poema dadaísta:
DE VIDA E DE FURIA NECESARIA
PARA QUE MEXES CONTENTA
E a coitada entre queixas dicía
facía unha calor de moita chispa
na costura das bragas
que comprei nun chino
E aínda haerá algún gilipollas que se pregunte
construímos o sexo
agora imos facer historia
o churrasco en si
fíxenllo unha vez ao cura
para negar toda culpa e saír absolto
ximnasia e lerilixión
ninguén me prohibirá nunca
Nazón de Breogán
as formigas son o único que queda.
No hay comentarios:
Publicar un comentario